'.PHP_EOL; print ''.PHP_EOL; ?>

Posts Tagged ‘ 15O ’

Texto de presentación para o 15O

Lunes, julio 25th, 2011

DIFUNDIDE CANTO QUEIRADES!

Galego:

O 15 de outubro, cidadáns de todo o mundo tomaremos a rúa para amosar a nosa indignación pola perda dos nosos dereitos a mans da alianza entre as grandes corporacións e a clase política. Dende Democracia Real Xa, invitámosvos a participar nesta acción pacífica de protesta internacional, sumándovos á nosa convocatoria ou realizando as vosas propias convocatorias para dita data. Chegou o momento de alzar a nosa voz. O noso futuro está en xogo, e nada pode reter a forza de millóns de persoas cando se unen cun propósito común.

Democracia real xa! é unha plataforma de coordinación de grupos pro-mobilización cidadá que se orixinou en España. Baixo o lema “Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros”, miles de persoas saímos á rúa o 15 de maio para esixir unha democracia máis participativa, opoñernos á corrupción do sistema político e amosar o noso rexeitamento aos recortes sociais que se nos estaban a impoñer. Despois do éxito desa primeira manifestación, surxiron diversos movementos e montáronse acampadas en prazas de todo o país, semellantes á primeira ocupación da Praza Tahrir no Cairo. Estas deron lugar a asambleas populares, onde os cidadáns desenvolven os seus obxectivos mediante un proceso de decisión inclusivo e horizontal. O movemento 15M de seguido traspasou fronteiras e alentou accións en numerosas cidades do mundo, entre elas unha multitudinaria manifestación contra o Pacto do Euro o pasado 19 de xuño.

Baixo a presión do poder financeiro, os nosos gobernantes traballan polo beneficio duns poucos, sen que lles importe o custo social, humán ou medioambiental que isto poida xerar. Promovendo guerras con fins económicos e levando á miseria a pobos enteiros, as clases dirixentes despóxannos do noso dereito a unha sociedade libre e xusta.

Por iso, invitámosvos a uniros a esta loita pacífica, difundido a mensaxe de que xuntos somos capaces de cambiar esta intolerable situación. Tomemos as rúas o 15 de outubro. É hora de que se nos escoite.

Unidos faremos escoitar as nosas voces!

Castelán:

El 15 de octubre ciudadanos de todo el mundo saldremos a la calle para mostrar nuestra indignación por la pérdida de nuestros derechos a manos de la alianza entre las grandes corporaciones y la clase política. Desde Democracia Real Ya os invitamos a participar en esta acción pacífica de protesta internacional, sumándoos a nuestra convocatoria o realizando vuestras propias convocatorias para dicha fecha. Ha llegado el momento de alzar la voz. Nuestro futuro está en juego, y nada puede retener la fuerza de millones de personas cuando se unen con un propósito común.
Democracia Real Ya es una plataforma de coordinación de grupos pro-movilización ciudadana que se originó en España. Bajo el lema “No somos mercancía en manos de políticos y banqueros”, miles de personas salimos a la calle el 15 de mayo para exigir una democracia más participativa, oponernos a la corrupción del sistema político y mostrar nuestro rechazo a los recortes sociales que se nos imponían. Tras el éxito de esa primera manifestación, surgieron diversos movimientos y se montaron acampadas en plazas de todo el país, semejantes a la primera ocupación de la Plaza Tahrir en El Cairo. Éstas dieron lugar a asambleas populares, donde los ciudadanos desarrollan sus objetivos mediante un proceso de decisión inclusivo y horizontal. El movimiento 15M enseguida traspasó fronteras y alentó acciones en numerosas ciudades del mundo, entre ellas una multitudinaria manifestación contra el Pacto del Euro el pasado 19 de junio.

Bajo la presión del poder financiero, nuestros gobernantes trabajan por el beneficio de unos  pocos, sin que les importe el coste social, humano o medioambiental que esto pueda generar. Promoviendo guerras con fines económicos y llevando a la miseria a pueblos enteros, las clases dirigentes nos despojan de nuestro derecho a una sociedad libre y justa.

Por eso os invitamos a uniros a esta lucha pacífica, difundiendo el mensaje de que juntos somos capaces de cambiar esta intolerable situación. Tomemos las calles el 15 de octubre. Es hora de que se nos escuche. ¡Unidos haremos oír nuestras voces!